Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Gondomar ás portas de celebrar a II Festa Medieval

Gondomar ás portas de celebrar a II Festa Medieval

Correo-e Imprimir PDF

- Celebrarase do 23 ao 25 de agosto nas principais rúas do concello
-Haberá teatro de rúa, animación musical e obradoiros de oficios tradicionais

Tras o éxito da edición anterior, Gondomar celebra esta fin de semana a súa II Festa Medieval con actividades como espectáculos na rúa, música, teatro e exhibición de talleres artesanais.
O concello retrocederá, desde o 23 ao 25 de agosto, ata a época medieval e disponse a vivilo intensamente. O evento terá lugar nas principais rúas do Concello, para que os veciños e veciñas se involucren no desenvolvemento da festa, xa sexa visitando as demostracións de oficios tradicionais, participando nas actividades ou mesmo meténdose na pel de xoglares, artesáns, guerreiros e demais personaxes variopintos.
A II Festa Medieval dará comezo o venres 23, ás 18:00h coa apertura e visita dos membros do goberno municipal para a súa inauguración.
A festa, que se desenvolverá en horario de mañá de 11:00 a 15:00 e en horario de tarde de 18:00 as 00:00, contará coa posta en marcha de diferentes talleres nos que se amosará o traballo tradicional de canteiros, ferreiros, traballadores do coiro, entre outros.
O Concelleiro de Cultura, Ignacio Troncoso resalta que "esta festa xa foi todo un éxito no pasado ano e por iso desde o Concello apostamos forte pola celebración", ademais de ser "un importante dinamizador para a economía e turismo do municipio" e invita a veciños e foráneos a que se acheguen a Gondomar e descubran o encanto e segredos da época medieval.