Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía O Programa Clara buscará mellorar a empregabilidade das mulleres baionesas.

O Programa Clara buscará mellorar a empregabilidade das mulleres baionesas.

Correo-e Imprimir PDF
concello_baiona

O Concello de Baiona e o Instituto da Muller asinan un convenio para desenvolver o programa Clara, dirixido a incrementar a empregabilidade das mulleres do municipio durante os anos 2011 e 2012.

O programa é unha acción de colaboración coas entidades locais e organismos relacionados coa igualdade , que amosa a partir da posta práctica, outra forma de traballar con mulleres en situación de risco ou exclusión, cunha metodoloxía de inserción social e laboral con perspectiva de xénero. O programa está dirixido a mulleres vítimas de violencia de xénero, responsables de núcleos familiares, maiores de 45 anos con discapacidade, xoves e reclusas.

Estímase que participen no programa 50 mulleres que se beneficiarán dun módulo de desenvolvemento persoal, de orientación laboral e itinerarios personalizados de inserción socio - laboral nos que as mulleres convértense en protagonistas activas do proceso.

Máis información no Centro Municipal de Información á Muller de luns a venres de 9:00 a 14:00h ou no teléfono 986/357554