Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes O Eixo Gondomar acada o podium no seu debut nun campionato galego de patinaxe

O Eixo Gondomar acada o podium no seu debut nun campionato galego de patinaxe

Correo-e Imprimir PDF
image-07-06-15-025 - copia
image-07-06-15-026-3
image-07-06-15-026 - copia
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

Empeza con bo pé o grupo do Show do C.D. Eixo Gondomar na súa estrea nun campionato. O sábado 6 de xuño no pavillón municipal das Traviesas celebrouse o Campionato Galego de segunda categoría, onde este grupo participaba por primeira vez e contra todo pronóstico conseguiu alcanzar o terceiro posto na modalidade de grupos show grandes, coa coreografía baseada na película "Avatar".

O grupo está formado por patinadoras xurdidas das escolas municipais de Gondomar na súa meirande parte. O club ten nove meses de vida e dende entón empezaron a adestrar coa ilusión de poder competir a nivel individual e en grupo.
En verbas das adestradoras Yaiza e Mónica Comesaña: "ser o seu primeiro campionato, saír en primeiro lugar e os nervios xogaron na súa contra, pero demostraron que con ilusión e esforzo todo é posíbel".
Ademais deste campionato o C.D. Eixo Gondomar xa competiu con catro patinadoras na Fase de Niveis acadando moi bos resultados.