Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes A Agrupación Deportiva do Val Miñor organiza o primeiro Torneo de Fútbol Sala Nigrán 2012

A Agrupación Deportiva do Val Miñor organiza o primeiro Torneo de Fútbol Sala Nigrán 2012

Correo-e Imprimir PDF
Valverde-y-Silva-con-organi

A Agrupación Deportiva do Val Miñor, en colaboración coa concellaría de Turismo, Cultura e Deportes do Concello de Nigrán, celebrará os vindeiros días 27 e 28 de xullo, e 1, 2, 3 e 4 de agosto, o primeiro Torneo de Fútbol Sala Nigrán 2012. A competición celebrarase no Pavillón Municipal de Deportes de Panxón, con máximo de 20 equipos, en horarios compatibles coa xornada laboral, e estará aberta a maiores de 18 anos, e nenos de 16 e 17 anos con autorización dos pais ou tutores, sen ser necesario estar federado.

 

As inscricións realizaranse no bar A Palmera (Patos) ou no teléfono 667 263 072. O prezo das mesmas será de 100 euros por equipo, cunha fianza engadida de 50 euros, que devolverase ao finalizar a competición. Ademais, o concello habilitará un punto de recollida de alimentos non perecedoiros no pavillón, durante os días que haxa competición.