Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Apertura de inscricións para unha liga non federada de fútbol sala no Val Miñor.

Apertura de inscricións para unha liga non federada de fútbol sala no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
FUTBOL-SALA

A Agrupación Deportiva do Val Miñor abre a inscrición para a tempada 2012/2013 para unha liga de fútbol sala non federada, organizada en colaboración dos concellos de Nigrán e de Gondomar. Os encontros celebraranse nos polideportivos municipais cubertos destes dous concellos. Os equipos interesados en máis información ou en realizar a inscrición deberán chamar ao teléfono 667 263 072. A organización tamén contempla a celebración dunha liga feminina, en caso de haber un mínimo de equipos interesados en participar.