Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

O IEM inicia a recollida de topónimos na parroquia de Panxón (Nigrán)

Correo-e Imprimir PDF

panxon portoOs cambios económicos, sociais, urbanísiticos e doutra índole están provocando unha perda exponencial dos nomes do noso mundo. Unha perda de patrimonio, unha perda de cultura e identidade. Nese senso, o  Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) e o Instituto Primeiro de Marzo de Baiona, asinaron un convenio para que a alumna Beatriz Pérez González, do ciclo de animación sociocultural, levara a cabo as súas prácticas. O traballo conxunto consiste na recolleita dos topónimos - nome dos lugares-  da parroquia  de Panxón.

Ponte...nas Ondas! acada no seu 20 aniversario o Premio Ondas.

Correo-e Imprimir PDF

Premio Ondas 2014Este xoves 6 de novembro deuse a coñecer o fallo do xurado da 61ª edición dos Premios Ondas, un dos máis prestixiosos galardóns de radio e televisión que se conceden en España.

A Asociación pedagóxica e cultural Ponte...nas Ondas! que leva achegando a experiencia radiofónica e de comunicación aos escolares das dúas marxes do Miño, acadou un dos codiciados galardóns.

VIDEO | Subida ao Galiñeiro no ano 1978

Correo-e Imprimir PDF

Imaxe do filme | Proxecto SocheoJosé Quintas Núñez en 1978 subía coa súa cámara en man até as gaias do Galiñeiro.

Manuel López-Benito dirixirá un curso con audicións de música clásica no IEM.

Correo-e Imprimir PDF

audicion-paso-conde-gondomaO musicólogo e divulgador Manuel López-Benito Álvarez dirixirá un curso de “Introdución á música clásica e a ópera con audicións comentadas” no Instituto de Estudos Miñoranos. As aulas darán comezo o vindeiro xoves 6 de novembro en horario matinal de 11 a 13 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda da Feira Nº 10, baixo – Gondomar).

“Carlota”, capítulo III da webserie CATARSIS.

Correo-e Imprimir PDF

litost cap3 2Con case un milleiro de visitas no seu capítulo presentación, e 900 visionados no segundo (Adry), esta madrugada tivo lugar a estrea de "Carlota", o capítulo III da webserie CATARSIS, do gondomareño Dave Conde. Tras cinco semanas dende que os mozos terminaron o bacharelato, agora están a vivir "o mellor verán das súas vidas".

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL