Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

O libro “Desenvolvendo o nobelo” abre unha nova iniciativa editorial do IEM.

Correo-e Imprimir PDF

Desenvolvendo o nobeloO libro ten unha compoñente moi entrañable, pois recolle os traballos, feitos con dedicación e cariño, dun grupo de persoas adultas que se decidiron  mellorar a súa capacidade para a creación de textos literarios da man da poeta Marta Dacosta e expoñen nel a súa obra chea de sensibilidade que acada en moitos casos cotas de calidade propias de escritores con maior dedicación. Titúlase Desenvolvendo o nobelo, título que fai mención  a unha imaxe creada por Marta Dacosta:

Escribir é...

atopar a punta do fío axeitado e tirar del até desfacer o nobelo.

Despregar diante de nós esa sucesión de palabras que constrúe o edificio do texto e abriga as ideas. 

“Os Melómanos” do baionés Víctor Lorenzo agasallan aos gañadores dos premios da música Martín Códax.

Correo-e Imprimir PDF

vitorOs e as premiadas recibiron as fermosas estatuíñas realizadas especialmente para o evento polo escultor e músico Víctor Lorenzo.  Artista nacido en Baiona en 1968, reside e traballa na actualidade no Val Miñor. Cada un dos gañadores nas 18 categorías convocadas por esta edición dos Premios Martín Códax levaron unha como recoñecemento pola súa achega á musica galega en 2014.

Rubén de Lis acada o recoñecemento do Brasil con galardóns nos Prêmios da Música Católica 2014

Correo-e Imprimir PDF

ruben lis vivo1

O tema Hablando con ella do gondomareño Rubén de Lis foi galardoada como a Melhor Música de 2014 no marco dos Prêmios da Música Católica outorgados na Arquidiocese de São Salvador de Bahia (Brasil). Autor entre outras pezas, do Himno do centenario do Gondomar C.F. , De Lis ten unha abondosa carreira dentro do xénero coñecido como música cristiá con notable presenza no país americano. A canción galardoada en Brasil por voto popular, recrea un diálogo íntimo do autor coa virxe María.

Antón Costa Rico e Xosé Malheiro presentan un monográfico sobre a historia da educación en Galicia.

Correo-e Imprimir PDF

murguia-capaO vindeiro venres 19 de decembro ás 20:30 horas os investigadores Antón Costa Rico e Xosé Manuel Malheiro presentarán o último número da Revista Murguía. A historia da educación no noso país centra este monográfico da Revista Galega de Historia que con este número cumpre o seu X aniversario.

Cea e TERTULIA do IEM con Xurxo Souto

Correo-e Imprimir PDF

Xurxo-Souto1Músico, escritor, locutor, produtor e unha multitude de oficios vencellados á comunicación enxoian a traxectoria de Xurxo Manuel Souto Eiroa (Galicia, 1966), protagonista da vindeira TERTULIA do IEM. O arqueólogo Xosé Lois Vilar será o encargado de presentar ao convidado  este venres 12 de decembro ás 20:30 horas, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira Nº10, baixo, Gondomar).

Tamén como é tradicional, despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea coa persoa convidada que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou ben no correo electrónico oficina@ minhor.org  . 

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL