Luns, 2 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

O vigués Iñaki Varela Pérez gaña o VIII Premio de Poesía Victoriano Taibo – ELM de Morgadáns .

Correo-e Imprimir PDF

inhakiO VIII Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local Menor de Morgadáns acadou este ano unha importante participación, como vén sendo costume dende a súa institución, con corenta e dous orixinais presentados. Na primeira quincena de setembro reuniuse o xurado, que resaltou a importante calidade de moitos deles e elixiu, en primeiro lugar, as obras finalistas, que resultaron ser as citadas a continuación por orde de entrada, as que ostentaban os seguintes títulos e lemas ou pseudónimos:

A Universidade obsequiará cunha tableta aos 45 mellores estudantes matriculados no novo curso.

Correo-e Imprimir PDF

premiosexcelenciaA Universidade de Vigo vai acoller dun xeito especial ao alumnado cunha traxectoria curricular de excelencia nos estudos previos de ensino secundario.  Os 45 alumnos e alumnas co mellor currículo que se matriculen no curso 2015-2016 nalgún dos tres campus recibirán como premio unha tableta PC, “que a institución entende como unha ferramenta de grande utilidade para as tarefas académicas que o estudantado universitario desenvolverá ao longo desta etapa académica”. As solicitudes poderán presentarse ata o vindeiro 23 de outubro.

42 obras concorren ao VIII Premio de Poesía Victoriano Taibo

Correo-e Imprimir PDF

orixinais-VTO pasado 31 de xullo  rematou o prazo para a recepción de orixinais para participar no VIII Premio de Poesía Victoriano Taibo. O xurado reuniuse para recoller os traballos presentados, nun total de corenta e dúas obras. O fallo farase público no transcurso do mes de setembro, en data que se anunciará nos medios de comunicación.

A Xunta deixa sen libros ao alunado que teña que repetir 2º ou 4º ESO

Correo-e Imprimir PDF

Roman Garcia Conselleiro de cultura e educacion de GaliciaO Sindicato de Traballadores do Ensino de Galicia (STEG) denuncia que a Consellería de Cultura e Educación deixa sen libros de texto ao alunado que teñan que repetir 2º e 4º de ESO e que non tivera solicitado a súa inclusión no programa do fondo solidario de libros de texto antes do 30 de xuño pese a que os exames de recuperación son en setembro.

#Nigrán acolle o inicio da VI Edición da Feira Imaxinaria

Correo-e Imprimir PDF

Obradoiro-de-ComunicacionNesta xornada deron comezo na Casa Colorida en Nigrán os obradoiros de xestión cultural e comunicación cos que dá inicio a VI edición da Feira Imaxinaria. Evento que congrega a integrantes de máis dunha trintena de iniciativas socio-culturais con sede en Brasil, Cataluña, Galicia e Portugal. Colectivamente preparan o intercambio de experiencias e coñecementos que terán lugar os días 4, 5 e 6 de setembro no Alg-a Lab, en Valadares, Vigo.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL