Luns, 18 Nov. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Cultura #Nigrán acolle o inicio da VI Edición da Feira Imaxinaria

#Nigrán acolle o inicio da VI Edición da Feira Imaxinaria

Correo-e Imprimir PDF
Obradoiro-de-Comunicacion

Nesta xornada deron comezo na Casa Colorida en Nigrán os obradoiros de xestión cultural e comunicación cos que dá inicio a VI edición da Feira Imaxinaria. Evento que congrega a integrantes de máis dunha trintena de iniciativas socio-culturais con sede en Brasil, Cataluña, Galicia e Portugal. Colectivamente preparan o intercambio de experiencias e coñecementos que terán lugar os días 4, 5 e 6 de setembro no Alg-a Lab, en Valadares, Vigo.

Artes escénicas, cinematografía e experimentación na música electrónica serán algunhas das posta en escena presentes no transcurso desta feira aberta a todo público que terá na "Socialización do coñecemento" o seu centro temático. Truequelandia, Trisk Ale, Casa Colorida Proxecto Crianza Val Miñor e o Instituto de Estudos Miñoranos son algúns dos colectivos da bisbarra que estarán presentes no encontro.

No transcurso das xornadas terán lugar as presentacións dos traballos desenvolvidos polos participantes ao longo do ano; así como os novos proxectos culturais que estanse a proxectar nos diversos territorios de acción destes colectivos. Finalmente, a feira contará con espazos de encontro e traballo en común que faciliten oportunidades de novos emprendimentos e proxectos en parcería.