Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Vídeo | Así soa “La Raspita” nas campás da ex Colexiata de #Baiona

Vídeo | Así soa “La Raspita” nas campás da ex Colexiata de #Baiona

Correo-e Imprimir PDF
litodemauricio2

O pasado sábado celebrouse na vila de Baiona de un acto singular e histórico. Por primeira vez e nun só día as súas campás falaron para comunicar como antano. Esta vez alternaron os sons que chamaban aos actos relixiosos, con aqueles que sinalan o perigo dun incendio ou a tristura do pasamento dun veciño. A xeira contou coa guía de Anxo Rodríguez Lemos (IEM) e os toques nas campás de Lito de Mauricio

O percorrido acompañado por ducias de veciños e visitantes comezou diante da Capela de Santa Liberata onde, despois duns pequenos apuntes históricos sobre ela, o campaneiro abriu a xornada cos toques que neste santuario se realizaban. De seguido comezou unha ruta circular polo casco vello que nos levou á capela baixo a advocación de San Xoán do Castelo, o Convento da Anunciación de Madres Dominicas, a capela da Misericordia, sede da histórica Confraría da Santa Casa de Paz e Misericordia de Baiona.

Rematou, tras subir pola Rúa do Hospital, baixo a gran torre campanario da antiga Colexiata de Santa María. O acto central tivo lugar nesta igrexa, dirixido polo campaneiro Ángel Vilar Montero (Lito de Mauricio) que mostrou os diferentes toques coñecidos. Entre eles, xunto aos comúns (incendio, misa, procesión, defunto, cabodano...), o volteo das campás con toques catedralicios ou o toque familiar de "La Raspita".

O acontecemento estivo organizado polo IEM e a Asociación Pro Hermanamientos Cristóbal García Sarmiento, foi arroupado pola parroquia de Santa María, o Concello de Baiona, ACEBA (Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona), o Convento de Madres Dominicas e a Confraría da Santa Casa de Paz e Misericordia.