Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Conferencia: "Historia das Mulleres en Galicia", con Ofelia Rey Castelao e Mar Llinares no IEM.

Conferencia: "Historia das Mulleres en Galicia", con Ofelia Rey Castelao e Mar Llinares no IEM.

Correo-e Imprimir PDF
historia-das-mulleres

O ciclo "Mulleres na Historia" organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos e a Asociación de Mulleres do Val Miñor "Area Loura" remata este mércores 21 de marzo coa presentación dos catro volumes de "Historia das Mulleres en Galicia". O acto comezará ás 20:00h. na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar)

 

No mesmo participaran a catedrática de Historia Moderna da USC, Ofelia Rey Castelao, coautora, xunto con Serrana Rial García, do volume dedicado á Idade Moderna, e a profesora de Historia Antiga da mesma Universidade María del Mar Llinares García, autora do volume dedicado á Prehistoria e Historia Antiga. O acto estará presentado pola Secretaria do Instituto de Estudos Miñoranos, Milagres Chapela Iglesias

Os outros volumes publicados pola editorial NigraTrea son os referidos á Idade Media da que é autora a profesora Carmen Pallares Méndez e o referido á Idade Contemporánea escrito por Herminia Pernas Oroza.