Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Comeza o ciclo "As mulleres na historia" coa proxección de "Prohibido recordar - Cárcere de Saturrarán (1937-1944)"

Comeza o ciclo "As mulleres na historia" coa proxección de "Prohibido recordar - Cárcere de Saturrarán (1937-1944)"

Correo-e Imprimir PDF
prohibido-recordar

Coa proxección do documental Prohibido recordar - Cárcere de Saturrarán (1937 - 1944), dos directores Txaber Larreategi e Josu Martínez, dará comezo o ciclo "Mulleres na historia", que se desenvolverá durante todo o mes de marzo. Esta primeira actividade terá lugar este xoves 1 de marzo, ás 20.00 horas, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do Instituto de Estudos Miñoranos, na Avda. da Feira Nº 10, baixo, Gondomar.

 

Para a proxección contarase coa presenza de Txaber Larreategi (co director do filme), e de Gabriel Reigosa Centelles (bisneto da presa Urania Mella). Os convidados serán presentados por Tereixa Otero da Costa.

Sinopse: Un antigo balneario de luxo, convertido en seminario e finalmente en cárcere, situada na praia de Saturrarán (Mutriku-Biscaia), albergou unha das maiores e máis crueis cárceres do Réxime Franquista. Por decreto do xeneral Franco, Saturrarán converteuse en prisión de mulleres clasificadas de "extremadamente rebeldes e perigosas". Dous mil mulleres de idades comprendidas entre os 16 e os 80 anos e provenientes de todos os lugares de España, estiveron encerradas entre 1937 e 1944.

Ficha Técnica

Produtora: moztu filmak, Tentazioa y REC

Formato: Betacam Digital

Duración: 52'

Xénero: Documental

Director: Txaber Larreategi e Josu Martínez

Ano: 2010

O ciclo Mulleres na Historia é organizado polo IEM xunto a Asociación de Mulleres do Val Miñor Área Loura.

Dim lights Embed Embed this video on your site