Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura "De crocodilos e xirafas", na próxima sesión do CONTOMAR

"De crocodilos e xirafas", na próxima sesión do CONTOMAR

Correo-e Imprimir PDF

O programa de fomento da lectura CONTOMAR, que organizan a ANPA As Pontes e o colectivo Espazo Lectura, celebrará o próximo luns 11de febreiro ás 18h na Biblioteca Municipal de Gondomar, unha nova sesión de contacontos na Biblioteca Municipal de Gondomar con historias de crocodilos e xirafas. A sesión comezará cun relato fantástico sobre o nacemento dos crocodilos e continuará logo cos tres volumes da serie de crocodilo e xirafa de Daniela Kulot: "Crocodilo namorado", "Unha casa á medida" e "Unha parella diferente". Incluiremos tamén na sesión o poema visual "Crocodilo" de Antonio Rubio e Óscar Villán.

Ademais celebraremos os cumprecontos de dúas nenas socias do CONTOMAR e, ao remate da sesión, os nenos poderán pintar unha xirafa ou un crocodilo.

Logo do descanso do entroido, o CONTOMAR retoma así as sesións semanais de contacontos que desde hai case dous anos celebra na Biblioteca Municipal nun esforzo por crear en Gondomar un espazo de encontro cos libros e a lectura que agora se complementa coa nova proposta do club de lectura compartida Lendo contigo.

Máis información

Coordinadora do colectivo Espazo Lectura
http://contomar.blogspot.com
http://espazolectura.blogspot.com