Venres, 6 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Saúde

Baiona, pechado ao mexillón por culpa da toxina da marea vermella

Correo-e Imprimir PDF

Batea fronte a MonteferroMáis de corenta polígonos de mexillón permanecen hoxe pechados nas rías de Muros e Noia, Arousa, Baiona, Vigo e Pontevedra debido á presenza de toxinas lipofílicas nos moluscos, cuxa existencia se coñece como marea vermella, en niveis superiores aos establecidos.

Fontes da Consellería de Medio Rural informaron da situación das zonas de produción de mexillón, nos que diariamente o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) realiza analíticas que determinan a apertura ou peche dos mesmos. Nerbargante, aclararon que a presenza desta toxina é un fenómeno natural característico desta época do ano e subliñaron que non afecta o bivalvo, aínda que si poden ter efectos na saúde do consumidor.

O sector recibe información polo menos dúas veces ao día sobre estas analíticas e a súa repercusión nos polígonos, que o Intecmar fai pública na súa páxina web, onde figuran tamén os informes de estado de cada zona de produción.

Nestes momentos, segundo o Intecmar, permanecen pechados 17 polígonos na ría de Arousa -dúas en Ribeira, dúas na Pobra, seis en Cambados e sete no Grove-, trece na ría de Vigo -seis en Cangas, outros tantos en Redondela e un en Vigo-, oito na de Pontevedra -dúas en Cangas, tres en Bueu e tres en Portonovo-, catro na ría de Muros e Noia e un en Baiona.

Tan só once polígonos están hoxe abertos, dous na ría de Ares, oito na de Arousa e un en Corme e Laxe.

O PP eloxia a "calidade" de POVISA malia lastrar toda a lista de espera do Sergas

Correo-e Imprimir PDF

© UVigo Centro hospitalario de POVISAO xornal Praza publica a controversia das listas de espera publicadas pola Consellería de Sanidade "con Povisa e Sen Povisa", para amosar que o crecemento da media de espera se debe principalmente este hospital privado ao que están obrigados a asistir todos os veciños e veciñas do Val Miñor.

Xa hai tempo que a Consellería de Sanidade amosa os seus rexistros de listas de espera de dous xeitos: "con POVISA" e "sen POVISA". Deste xeito, o departamento sanitario da Xunta vén admitir abertamente o lastre que supón para o Servizo Galego de Saúde a dependencia deste centro privado, integrado no sistema público polo sistema de concerto e que é o centro hospitalario de referencia para unhas 100.000 persoas da área de Vigo. Nos últimos datos dispoñibles, de decembro de 2012, a lista de agarda cirúrxica "sen POVISA" é de 63,6 días, pero sobe ata os 83,4 ao incorporarse o centro vigués. A razón é que o centro privado acumula agardas de 201,2 días. Malia estas evidencias, o PP aproveitou este mércores un debate parlamentario sobre o novo hospital de Vigo para gabar a "calidade" de POVISA.

Taller de lactancia en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

 

Taller gratuíto sobre lactancia  CC BY-NC-SA Flickr SanutriNigrán ofertará o próximo 6 de marzo un taller gratuíto de lactancia, que se impartirá na antiga estación de tranvía de Panxón, na Estrada pola Vía número 65.

O escándalo dos medicamentos veleno

Correo-e Imprimir PDF

Centro de saúde en Ngilima (República Democrática do Congo), territorio da enfermidade do soño / Ben Milpas

Só o 1,4% dos 150.000 ensaios clínicos actuais dedícase ás enfermidades dos máis pobres e, mentres, os médicos teñen que usar fármacos creados hai medio século con efectos secundarios brutais ou que mesmo matan os pacientes.

Parece difícil sentir indignación porque unha muller teña a opción de quitarse o bigote, pero depende de que crema contra a lanuxe facial use e de se se coñece a delirante historia da eflornitina. O relato, como moitos bos relatos, empeza en África. Hai 25 anos, en concreto. Por entón, no continente rexistrábanse cada ano uns 350.000 casos da enfermidade do soño. O proceso era sempre o mesmo: unha mosca tsetsé picaba aos campesiños e transmitíalles un parásito, que se multiplicaba no seu sangue e invadía o seu corpo. Os bichos microscópicos infectaban o sistema nervioso central. E o comportamento dos enfermos transformábase. Sentían confusión e eran incapaces de coordinar os seus movementos. E se a enfermidade non se trataba, morrían.

Cegos de nacemento aprenden a ler "con sons"

Correo-e Imprimir PDF

Unha persoa con discapacidade visual utilizando o sistema vOICeUn equipo de científicos mostra vídeos de persoas invidentes identificando expresións faciais e fachadas de casas grazas a complexos sinais de audio.

O aparello chámase vOICe e non é casual que o tres letras intermedias escríbanse en maiúsculas. En inglés, voice é voz, pero OIC lese como “OH! I see!” (oh! vexo!). E o dispositivo chámase así porque transforma as imaxes en complexos sinais de audio, permitindo así que as persoas cegas "vexan polos oídos", igual que "ven polos dedos" cando len braille.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL