Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Saúde Baiona, pechado ao mexillón por culpa da toxina da marea vermella

Baiona, pechado ao mexillón por culpa da toxina da marea vermella

Correo-e Imprimir PDF
Batea fronte a Monteferro

Máis de corenta polígonos de mexillón permanecen hoxe pechados nas rías de Muros e Noia, Arousa, Baiona, Vigo e Pontevedra debido á presenza de toxinas lipofílicas nos moluscos, cuxa existencia se coñece como marea vermella, en niveis superiores aos establecidos.

Fontes da Consellería de Medio Rural informaron da situación das zonas de produción de mexillón, nos que diariamente o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) realiza analíticas que determinan a apertura ou peche dos mesmos. Nerbargante, aclararon que a presenza desta toxina é un fenómeno natural característico desta época do ano e subliñaron que non afecta o bivalvo, aínda que si poden ter efectos na saúde do consumidor.

O sector recibe información polo menos dúas veces ao día sobre estas analíticas e a súa repercusión nos polígonos, que o Intecmar fai pública na súa páxina web, onde figuran tamén os informes de estado de cada zona de produción.

Nestes momentos, segundo o Intecmar, permanecen pechados 17 polígonos na ría de Arousa -dúas en Ribeira, dúas na Pobra, seis en Cambados e sete no Grove-, trece na ría de Vigo -seis en Cangas, outros tantos en Redondela e un en Vigo-, oito na de Pontevedra -dúas en Cangas, tres en Bueu e tres en Portonovo-, catro na ría de Muros e Noia e un en Baiona.

Tan só once polígonos están hoxe abertos, dous na ría de Ares, oito na de Arousa e un en Corme e Laxe.