Martes, 5 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Ciencia A datación dos restos paleolíticos de Arbo investigados polo IEM poderían chegar aos 500.000 anos.

A datación dos restos paleolíticos de Arbo investigados polo IEM poderían chegar aos 500.000 anos.

Correo-e Imprimir PDF

homo heildelbergensisOs arqueólogos miñoranos comezarán a terceira campaña de escavacións que rematará cos estudios de datación nos laboratorios do CENIEH, de Burgos.

manolo ledoTodo comezou nunha das tantas percorridas que o prospector Manolo Ledo fai polas ribeiras do Río Miño, na pescuda de posibles enclaves arqueolóxicos agochados nas terrazas da fronteira galaico - portuguesa.

Na altura do Concello de Arbo, no medio dunha plantación de vides, atopou unha morea de pedras que chamaron a súa atención. Tres anos despois, e tralos traballos do equipo arqueolóxico do Instituto de Estudos Miñoranos, estase a piques de confirmar que o ollo experto de Manolo descubrira o xacemento con ferramentas de pedra de tipo achelense máis antigo da Península Ibérica.

O equipo da Sección de Etnografía e Arqueolóxica do IEM que dirixen Eduardo Méndez e Xosé Lois Vilar, xunto cunha ducia de voluntarios, comezarán a terceira campaña de escavación no correr da próxima semana co obxectivo de lograr a datación absoluta do xacemento nomeado "O Cabrón", topónimo da localidade onde se atopou o achado. En máis de 300.000 anos xa fora datado polos arqueólogos miñoranos a partir das comparativas con outros enclaves do Achelense de similares características. Nembargante, os expertos do Centro Nacional de Investigación sobre la Evolución Humana (CENIEH), de Burgos no descartan que poida alcanzar o medio millón. Unha resonancia paramagnética electrónica nos laboratorios de Xeocronoloxía do CENIHE, dirixida polo Dr. Mathieu Duval dará o veredicto final.

Os arqueólogos Xosé Lois Vilar e Eduardo Méndez do IEM n'O Cabrón.O xacemento durante a campaña de traballos de 2011





 

 




"Todo parece indicar que estamos nunha ocupación recorrente deste lugar por parte de grupos diferente dun mesmo tipo de homínido, o homo heildelbergensis ou homo neanderthal  arcaicos", indicou Eduardo Méndez (IEM), director dos traballos de campo.

machada-de-man-1

Os investigadores supón que estes primeiros paisanos de vida nómade, desenvolveron actividades diferenciadas como a talla de ferramentas de pedra, consumo de animais e vexetais cunha tecnoloxía de tipo achelense, "pero que parece mostrar compoñentes funcionais e cognitivas diferentes ao longo do tempo"

Como nas campañas precedentes, as investigacións estarán avaladas cientificamente polos doutores Manuel Santonja e Alfredo Pérez-González do CENIEH de Burgos. Así mesmo, os traballos de investigación contarán coa axuda financeira do Concello de Arbo.


 

 

 

 

 

Dim lights Embed Embed this video on your site

Valoración do Dr. Manuel Santonja (CENIEH) do xacemento

 

Dim lights Embed Embed this video on your site

Valoración do xeólogo Alfredo Pérez González (CENIEH) d'O Cabrón