Domingo, 5 Feb. 2023

Actualizado04:28:43 PM GMT

Estás en Canais Axenda Dende o Val Miñor a Arbo: 3ª Xornada de Portas Abertas no xacemento paleolítico d'O Cabrón (Arbo)

Dende o Val Miñor a Arbo: 3ª Xornada de Portas Abertas no xacemento paleolítico d'O Cabrón (Arbo)

Correo-e Imprimir PDF
xornada divulgativa_2

A Sección Arqueolóxica do Instituto de Estudos Miñoranos e o Concello de Arbo desenvolverán este sábado 4 de agosto unha nova xornada de divulgación do xacemento paleolítico localizado no paraxe O Cabrón. A mesma terá lugar ás 18 horas e consistirá nunha visita guiada pola Estación a cargo do equipo que está a traballar na zona dirixido por Eduardo Méndez.

 

Como parte da actividade terá lugar unha talla demostrativa dos materias líticos, que amosarán ao público asistente as técnicas cos que foron traballados os distintos aparellos atopados.

Finalmente, Eduardo Méndez, director dos traballos de campo na Estación, falará cos visitantes sobre as características deste achado, único polas súas dimensións e estado, que xa permiten recuar a estimación da presenza de homínidos en Galicia a máis de 300 mil anos de antigüidade.

Preme aquí para ver o mapa de localización do xacemento e unha ruta dende Gondomar