Martes, 6 Maio. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Ciencia e tecnoloxía - Val Miñor

O PP acusa ao tripartito de Baiona de fuxir da oposición

Correo-e Imprimir PDF

Ante o pleno de mañá, para estudar as alegacións apresentadas por PP e VIB, na oposición, os populares aducen que o tripartiño-2 (equipo de goberno PSOE, BNG, CM) "foxe do controlo e convoca mais plenos extraordinários que ordinários".

O PP recomenda á porta-voz do PSOE, Isabel Domínguez, que lea as convocatorias das plenas elaboradas pola sua equipa, xa que na extraordinária de mañá, na orde do dia, ademais de apresentar as actas dos plenos anteriores, figura un único ponto de debate: "Resolución das reclamacións apresentadas ao orzamento municipal por PP e Viciños Independentes de Baiona".

Segundo o PP, "o que semella amolar ao tripartiño é que o noso partido explique aos viciños o que van cobrar os seus políticos ou que o gasto corrente está disparado, ou que hai investimentos que son prioritarias e eles non han atendido".

O PP rechaza unha autovía entre Baiona, Tui e A Guarda

Correo-e Imprimir PDF
O parlamentário socialista guardés Pedro Borrajo acusou onte ao PP de «poñer ou chuvasqueiro impermeable ás necesidades dos veciños do Baixo Miño». Asi o dixo na comisión de Política Territorial do Parlamento, despois de que o grupo mayoritario rexeitase unha iniciativa socialista para que a Xunta realice un estudio para facer unha autovia que una as localidades de Tui, Baiona e A Guarda.

O Concello de Baiona intensificará o control policial durante o verán

Correo-e Imprimir PDF
A xunta local de seguridade do Concello de Baiona lembrou onte intensificar a presencia policial nas ruas da vila durante as noites da próxima temporada de verán. Ao igual que o ano pasado, os efectivos da Guardia Civil e da policia local colaborarán no control da movida nocturna para prevenir conflitos.

A asociación de empresarios de Baiona abre na súa sede un punto de informació

Correo-e Imprimir PDF
O presidente da asociación de empresarios de Baiona (Aceba), Luis Corbacho Sampedro, asinou recentemente un convenio co delegado da Axencia Tributaria de Vigo, Pedro Conde González, que permitirá aos asociados a obteción de documentos tributarios e a apresentación de declaracións na sede que a patronal ten na rúa Carabela Pinta.

O goberno de Baiona dá via libre á criación de 160 vivendas en Sabarís

Correo-e Imprimir PDF
O goberno de Baiona deu via libre no último pleno á criación dun novo núcleo residencial en Sabarís que estará formado por 160 vivendas e un área comercial. O plano especial de reforma interior número 4 abranxe unha superfície de 22.533 metros cuadrados, dos que 17.534 son edificabeis. Está delimitado polo lugar coñecido como «rincón de Pepe», a avenida urbana e o Camiño Real. O área foi dividida en cinco zonas en función do seu aproveitamento urbanístico.

Vivenda de Protección Oficial en Baiona

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Baiona está interesado en promover 12 vivendas de protección oficial en cada un dos tres peris desenvolvidos no bairro de Sabarís. Ã?stos somarianse aos 45 que o goberno municipal trata de conseguir para a zona de Os Tendais.

Desde fai mais de sete anos non se promoveu nengunha vivenda social no Concello de Baiona, a pesar de que a demanda é crecente entre os xoves.

Fenosa mellora a liña de abastecemento para este verán

Correo-e Imprimir PDF
A empresa Unión Fenosa comezou as obras para a colocación dun centro de transformazón de enerxia que irá a catro metros baixo terra en praza de Pedro dó Castro. Este céntrico lugar de Baiona ficou pechado temporalmente ao transiño mentres duren as obras, que acabarán a princípios do mes que ven.

Multas de até 60.000 euros en Baiona por ruído

Correo-e Imprimir PDF
A corporación de Baiona aprobou onte nunha plena extraordinária duas novas ordenanzas para regular o tráfico e a emisón de ruídos cos votos do goberno e a rexeizón da oposición. A normativa de ruídos é unha cópia da que está vixente na cidade de Santiago de Compostela e impón unhas condicións moi restritivas para os responsables de cafeterías e locais de copas.

O plano de tráfico abre a posibilidade de estabelecer a ORA en Baiona

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Baiona conta desde onte con unha ordenanza de tráfico. Unha das principais novidades desta nova normativa é que fica aberta Ã¡ posibilidade de estabelecer aparcamentos de duración limitada mediante pago nas vias que estabeleza o goberno.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL