Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O PP acusa ao tripartito de Baiona de fuxir da oposición

O PP acusa ao tripartito de Baiona de fuxir da oposición

Correo-e Imprimir PDF

Ante o pleno de mañá, para estudar as alegacións apresentadas por PP e VIB, na oposición, os populares aducen que o tripartiño-2 (equipo de goberno PSOE, BNG, CM) "foxe do controlo e convoca mais plenos extraordinários que ordinários".

O PP recomenda á porta-voz do PSOE, Isabel Domínguez, que lea as convocatorias das plenas elaboradas pola sua equipa, xa que na extraordinária de mañá, na orde do dia, ademais de apresentar as actas dos plenos anteriores, figura un único ponto de debate: "Resolución das reclamacións apresentadas ao orzamento municipal por PP e Viciños Independentes de Baiona".

Segundo o PP, "o que semella amolar ao tripartiño é que o noso partido explique aos viciños o que van cobrar os seus políticos ou que o gasto corrente está disparado, ou que hai investimentos que son prioritarias e eles non han atendido".

Eludir o control

Os populares denuncian a convocatoria dun pleno extraordinário un dia despois do dia en que correspondería ao ordinário, "co cual o tripartiño-2 evita someterse ao controlo da oposición, ao non responder ás perguntas do último pleno ordinário e ao non poder efectuar outras novas".

En dúplica a Isabel Domínguez sobre idoneidade de asesores de un e outro lados, o PP non subscrebe o asfaltado "en parche" das ruas Paus da Raia e Marqués de Quintanar. Cales nas que se voltou a picar o firme recén instalado. Para os populares, "iso chamase xestión eficaz".

www.farodevigo.es