
Axenda do Val Miñor
Fundación Menela conmemora cunha inauguración o día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

A xornalista e guionista Araceli Gonda Cabreira protagoniza a TERTULIA de abril do IEM.

A xornalista e guionista Araceli Gonda Cabreira protagonizará unha nova TERTULIA do IEM este venres 1º de abril. Natural da parroquia gondomareña de Morgadáns, Araceli Gonda foi presentadora de Deportes no Telexornal da TVG. Na actualidade centra a súa actividade na elaboración de guións e en impartir aulas de "Guión e Edición Audiovisual" na Facultade de Xornalismo da USC. Elaborou guións tanto de programas de deporte como de moitas das series máis coñecidas da TVG como "A vida por diante", "Terra de Miranda", "4º sen ascensor" "Os Atlánticos" ou, na actualidade "Padre Casares". Tamén é guionista da exitosa "18 comidas" xunto ao seu director Jorge Coira e Diego Ameixeiras. A xornalista tamén é colaboradora do IEM na organización e desenvolvemento do Premio de Poesía Victoriano Taibo.
Continúa o ciclo "Lois Tobío na República de Weimar" coa proxección de "Emilio e os detectives"
O próximo xoves 31 de marzo ás 20:00h. na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" de Gondomar, sede do Instituto de Estudos Miñoranos terá lugar a segunda das proxeccións do ciclo "Lois Tobío na República de Weimar".
Presentación do poemario Antítese Nativa en Libraida.
A libraría Libraida de Gondomar invita á presentación de "Antítese Nativa", obra do poeta noiés Manuel L. Rodrigues, editada por Acha Escraba. A presentación do autor estará a cargo do xornalista e ex profesor do Instituto Auga da Laxe, Ramón Blanco Fernández, quen participou como corrector do libro. O acto celebrarase o vindeiro luns 28 de marzo ás 20:30 hora. A libraría Libraida atópase na Rúa Rosalía de Castro Nº 13.
Teatro infantil no auditorio Lois Tobío
A fin de semana de conmemoración do Día Mundial do Teatro concluirá o domingo coa función infantil de Talía Teatro “Valentín Rufini e Akil Pillaban de viaxe en Milán”, baseada no libro infantil de Roberto Salgueiro. A función, será no Auditorio Municipal, será as 18.00. Entrada, 2,5 euros.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL