Luns, 13 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Presentación do poemario Antítese Nativa en Libraida.

Presentación do poemario Antítese Nativa en Libraida.

Correo-e Imprimir PDF
antitese_nativa

A libraría Libraida de Gondomar invita á presentación de "Antítese Nativa", obra do poeta noiés Manuel L. Rodrigues, editada por Acha Escraba. A presentación do autor estará a cargo do xornalista e ex profesor do Instituto Auga da Laxe, Ramón Blanco Fernández, quen participou como corrector do libro. O acto celebrarase o vindeiro luns 28 de marzo ás 20:30 hora. A libraría Libraida atópase na Rúa Rosalía de Castro Nº 13.

Manuel L.Rodrigues ( Noia, 1978), foi cofundador e membro do Colectivo Literario Sacou. Acadou varios premios literarios e participou no World Poetr Day en Santiago de Compostela, convidado polo Pen Clube de Galicia. Antítese Nativa foi o seu primeiro libro individual publicado.

Acha Escraba xurdiu en 2009 á hora de publicar a segunda edición deste poemario con que Manuel López Rodrigues gañou en 2008 o XIV Premio Suso Vaamonde de poesía. A editorial ten a súa sede no Concello de Noia e ten por obxectivo " fortalecer o sistema literario galego aportando obras e escritores ao mesmo, que Acha Escrava considere de valor".