Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda A Plataforma pola defensa da Ría de Vigo presentará un informe de situación no IEM.

A Plataforma pola defensa da Ría de Vigo presentará un informe de situación no IEM.

Correo-e Imprimir PDF
libro ria vigo

A Plataforma pola defensa da Ría de Vigo presentará na Aula de Cultura Ponte de Rosas o informe "Ría de Vigo. Impacto da actividade humana, xestión sostible e conservación ambiental". O coloquio será acompañado cunha mostra expositiva de dez paneis e terá lugar este venres 14 de xuño ás 20:30 horas na sede do Instituto de Estudos Miñoranos (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar).

O coloquio afondará na evolución da ría así como o feixe de ameazas ambientais que soporta o enclave. A exposición do informe estará a cargo de Serxio Regueira Gómez, presidente da plataforma, e contará coa intervención de Mª Xosé Vázquez Rodríguez, do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo. Xosé Ramón García, membro da Xunta de Goberno do IEM terá a cargo a presentación do acto.