Venres, 30 Jul. 2021

Actualizado04:28:43 PM GMT

Estás en Canais Axenda Presentación no IEM do libro que recolle o intercambio epistolar entre Álvaro Cunqueiro e Alberto Casal (1955-1961).

Presentación no IEM do libro que recolle o intercambio epistolar entre Álvaro Cunqueiro e Alberto Casal (1955-1961).

Correo-e Imprimir PDF
capa-pineiro-23

Este venres 5 de outubro ás 20 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (sede do IEM - Avda. da Feira Nº 10 Gondomar), terá lugar a presentación do Caderno Ramón Piñeiro nº XXIII, baixo o título Saiban cantos estas cartas viren... Álvaro Cunqueiro e Alberto Casal (1955-1961), editado polo Centro Ramón Piñeiro.

 

Nesta publicación que será presentada por primeira vez en Gondomar recollese a correspondencia entre Álvaro Cunqueiro e o notario vigués, na actualidade residente en Gondomar, Alberto Casal que foi un gran amigo de Cunqueiro. O notario non lembra cando xurdiu a súa amizade, pero acórdase del en Lugo, no Parque Rosalía de Castro, con Ánxel Fole. En 1955, acude con el a recoller a súa primeira obra literaria, Merlín e familia, a quen llo dedica. Anos despois, será Casal quen convenza a Álvaro para que se traslade a Vigo. Na notaría da rúa Reconquista pasaran horas de amigable conversa.

Segundo o editor, Luís Cochón, o libro amosará aspectos descoñecidos da personalidade e da vida do escritor mindoniense.

No acto que será conducido pola escritora, membro do IEM, e especialista na obra cunqueirá Rexina Vega e que contará coa presenza de Alberto Casal, intervirán o fillo do escritor, tamén notario e socio do IEM, César Cunqueiro así como o ex director de Faro de Vigo e actual conselleiro da empresa editora. O editor Luís Cochón e o codirector dos Cadernos Ramón Piñeiro, Luís Alonso Girgado presentarán a publicación e o Secretario de Política Lingüística, Valentín García Gómez pechará o acto que contará tamén coa actuación do grupo de corda Cordas Novas que entre outras interpretará un poema músicado de Álvaro Cunqueiro