Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda A Aula de Cultura Ponte de Rosas acolle unha exposición do artista ourensan, Miguel Mosquera.

A Aula de Cultura Ponte de Rosas acolle unha exposición do artista ourensan, Miguel Mosquera.

Correo-e Imprimir PDF
portada

Este venres, 21 de outubro, ás 20:30h. na Aula de Cultura “Ponte de Rosas” (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) terá lugar a inauguración da exposición do pintor Miguel Mosquera:“nun lugar do mundo Oregón (Ourense)”...

Miguel Mosquera (Ourense, 1953). Vive na cidade que o viu nacer, comezou a expoñer moi novo, en 1971, na cidade na que burbullaba continuamente a arte, daquela cos Quesada, Acisclo Manzano, de Dios, etc. Despois andou a expoñer por galerías de arte de España e mostras internacionais (por exemplo, varias edicións de ARCO), Xapón, Chile, Holanda, Estados Unidos e Gran Bretaña.

A súa obra experimentou unha considerable evolución dende un informalismo dinámico hasta a obra obxecto, con materiais de desfeitas que forman composicións peculiares a modo de mobles case imposibles, aos que incorpora textos incitadores e recortes de vellas fotografías amarelentas, tirando imaxes das lembranzas que se actualizan e impresionan.

A súa obra forma parte dos fondos de diversos museos e institucións como o Museo de Belas Artes de Santander, o Centro Galego de Arte Contemporánea

ou o World Print Council de San Francisco en EEUU, entre outros.

Miguel Mosquera será presentado polo xornalista, escritor e crítico teatral Camilo Franco de quen o artista incorporou dous textos de Palabras contadas (Ed. Xerais) ao catálogo da obra.

A exposición permanecerá aberta na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar), sede do Instituto de Estudos Miñoranos, ata o 18 de novembro en horario de 19h. a 21h. de luns a venres.