Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Lecturas debuxadas, pecha a programación da tempada cunha obra Shaun Tan, gañador do premio Astrid Lindgren 2011

Lecturas debuxadas, pecha a programación da tempada cunha obra Shaun Tan, gañador do premio Astrid Lindgren 2011

Correo-e Imprimir PDF
01-Emigrantes

Este martes 21 de xuño celébrase a última sesión da tempada do club de banda deseñada Lecturas Debuxadas. A cita será na Biblioteca Municipal de Gondomar a partir das 20.00 horas. Nesta ocasión a lectura que centrará a sesión é Emigrantes (Barbara Fiore Editora) do autor e ilustrador australiano Shaun Tan, recoñecido este ano co prestixioso Premio Astrid Lindgren 2011.
A programación do club Lecturas Debuxadas retomarase no mes de outubro.


Un libro ilustrado sen palabras
Emigrantes é un libro ilustrado sen palabras, unha novela gráfica silenciosa. A través dunha serie de imaxes conectadas, conta a historia dun emigrante anónimo que deixa o seu país natal en penosas circunstancias, cruza un océano ata unha nova cidade e aprende como vivir nela.
O autor
Sahun Tan é autor e ilustrador de “La cosa perdida” e “El árbol rojo”, ambos galardonados con numerosos premios internacionais e cunha mención de honra no premio Bologna Ragazzi. En 2001, Shaun recibiu o World Fantasy Best Artist Award polo conxunto da súa obra e en 2011 recibiu o Astrid Lindgren, un dos galardóns internacionais máis importantes da literatura infantil e xuvenil.