Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

PSOE, BNG e CM� pechan tres anos de inestabilidade política en Baiona

Correo-e Imprimir PDF
Os nove concellais do PSOE, BNG e CM� asinaron onte un acordo de gobernabilidade para segurar a estabilidade política do Concello de Baiona até o final do mandato.
O pacto implica un nova distribución das competéncias do goberno, que se pechou durante a xuntanza que celebraron durante toda a mañá os membros da nova maioria. Todos tiveron que ceder nalgunha das súas pretensions políticas para manter o equilibrio de forzas.

A confraria de pescadores organiza catro cursos de natación para o colectivo

Correo-e Imprimir PDF
A Confraria de Pescadores de Baiona iniciou un programa de formación denominado «Estrela do Mar», seguindo co desenvolvimento do seu político formativo para os profisionais do sector. Dito programa, subvencionado pola Consellería de Pesca, consistirá na impartición de catro cursos de natación para os percebeiros.

O goberno de Baiona escenificou a sua nova maioria no pleno de onte

Correo-e Imprimir PDF

Os edis do PSOE, BNG e CM� non atinxiron a noite do mércores nengún acordo de gobernabilidade pero no pleno ordinário de onte fíxose patente o troco de actitudes para lograr unha estabilidade política.

Concurso público para amañar a réplica da Carabela

Correo-e Imprimir PDF
DSCN2148.jpgA concellal de Cultura, Ana María Rodríguez, anunciou no pleno de onte que o Concello convocará un concurso público para contratar a reparación da réplica da Carabela Pinta. Esta decisión pode supor que a embarcación non estexa preparada para a temporada de verán.

O alcalde de Baiona ordena demolir a planta ilegal da sua vivenda

Correo-e Imprimir PDF
O alcalde de Baiona, Luis Carlos de la  Peña, comezou onte a cumplir a sentenza xudicial que lle obriga a demoler a planta da sua vivenda do bairro de O Loureiral que foi construída sen licencia municipal fai dez anos.
O xulgado  contencioso administrativo número 1 de Vigo condeou o pasado mes de febreiro ao Concello, nunha sentenza asine, a executar a orde de derribo, estimando desta forma un recurso que plantearon uns veciños da zona.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL