Domingo, 12 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Mesa redonda sobre

Mesa redonda sobre

Correo-e Imprimir PDF
A Asociación para o Consumo Responsable e Xusto Val Miñor (ACREXOVAL) organiza unha mesa redonda sobre “O transporte no Val Miñor”. Terá lugar o xoves 1 de decembro ás 20:30 horas na librería Libraida de Gondomar (rúa Rosalía de Castro). A entrada é libre e gratuíta.   Neste acto a asociación abordará o tema do transporte como ben de consumo humano, primeiramente cunha visión global e despóis referida ó entorno local do Val Miñor. O obxectivo deste acto é coñecer, compartir e recoller a opinión e reflexión do público asistente sobre o tema plantexado. Os puntos a tratar serán so seguintes:

Sumario

1. Presentación de ACREXOVAL

              1.1) Integrantes, obxectivos e proxectos en marcha.

2. Introducción

              2.1) O transporte como ben de consumo.

              2.2) O petróleo. Un recurso limitado.

              2.3) Transporte na economía e no modo de vida.

3. Inicio da mesa redonda

              3.1) Delimitación do debate.

              3.2) Análise dos problemas relacionados co transporte dentro do Val.

              3.3) Reunión de conclusións e alternativas.

www.valminor.info/acrexovalweb2