Sábado, 11 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Plácido Castro en A Coruña

Plácido Castro en A Coruña

Correo-e Imprimir PDF
Logotipo, obra de Pepe Carreiro
Ir á páxina de inicio
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte
O próximo mércores inícianse na Fundación Luis Seoane, en A Coruña, as sesións dun Congreso sobre a figura de Plácido Castro (1902-1967), que rematará en Corcubión no sábado, onde, entre o recitado dos poemas traducidos por el mesmo, dedicarase o seu nome á Biblioteca Pública Municipal.

 

Durante tres días, diversos especialistas e coñecedores da vida, obra e pensamento deste insigne galeguista, tratarán de resaltar as valiosas aportacións realizadas por este tradutor, xornalista e político que tanta orixinalidade ten achegado á teoría e práctica da acción cultural e cívica a prol do recoñecemento da identidade galega.

Entre os participantes cómpre citar a Ramón Villares, Camiño Noia, Xulio Ríos, Fernando Pérez-Barreiro, Xosé Luís Franco Grande, Luís Álvarez Pousa, entre outros. O Congreso conta co aval das tres Universidades galegas e coa inspiración do IGADI, que dirixe Xulio Ríos, promotor da Fundación Plácido Castro, que preside a súa filla, Susi Castro, quen estará presente no Congreso. A Consellería de Cultura asume a organización e patrocinio do evento.

Segundo Xulio Ríos, o Congreso é un acto de xustiza histórica e debe servir para resaltar o valor das contribucións de Plácido Castro, identificar as carencias existentes na investigación arredor da súa figura e estimular a atención dos historiadores e analistas para superalas adecuadamente. Na súa opinión, Plácido Castro, non só merece ser mais coñecido no noso propio país, senón mais recoñecido polo carácter pioneiro desenvolvido en moitas das facetas que acometeu, dende o pensamento político ata a tradución ou o xornalismo.

 

Máis información en:
http://www.edixitos.com/pcastro/ 
http://www.igadi.org