Cando no Estado español se está a debatir sobre a reforma dos estatutos e unha nova arquitectura competencial, Tempo exterior trata de achegar a ese debate unha reflexión complementaria sobre a diversidade casuÃstica que afecta ao equilibrio territorial en espazos tan afastados uns de outros como Quebec (Stephane Paquin), Kurdistán (Manuel Martorell), Porto Rico (Angel Israel Rivera) ou China (Natalia G. Collado). En todos eles, o problema do artellamento polÃtico-territorial é unha das claves esenciais do seu presente e futuro.
O segundo tema deste Tempo exterior é o referente á reforma da ONU, un dos eixes centrais do debate internacional nos próximos meses. A revista presenta catro estudos relativos aos plans xerais de reforma (Carlos Jiménez), as propostas para modificar o Consello de Seguridade (Rosa Riquelme), os desafÃos que debe encarar en materia de seguridade internacional (Rafael GarcÃa Pérez) e as relacións da ONU cos novos actores globais (Mónica Salomón).
A actualidade ven da man de cinco achegas adicionais, nas que se aborda a nova etapa iniciada en Palestina e o proceso de paz trala morte de Yasir Arafat (Roberto Mansilla), e tamén son a destacar os estudos sobre o cambio polÃtico en Uruguai co triunfo da esquerda de Tabaré Vázquez (Hugo Cores), a necesidade dun novo enfoque, menos economicista, no MERCOSUR (Eduardo Rivas); a cada vez maior presencia do fundamentalismo cristián e evanxélico na configuración da polÃtica exterior estadounidense (Jared Larson) e a situación dos medios de comunicación en China (Georgina Gigueras).
Un conxunto de temas e de voces moi autorizadas, procedentes de diferentes latitudes e extraccións profesionais que consolidan Tempo Exterior como unha revista de referencia nos estudos internacionais, a única en España que non é editada en castelán.
Os textos poden consultarse en http://www.igadi.org/ e poden solicitarse exemplares en: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , ou adquirila en librarÃas.