Unha das riquezas máis desatendidas do noso patrimonio inmaterial é a toponimia e dentro dela a costeira. Os nomes das pedras, dos fondos e das superficies figuran recollidos en escaso número nas cartas náuticas e nos derroteiros, pero a inmensa maiorÃa dos mesmos só se conservaba na memoria dos vellos mariñeiros. Consciente desta realidade e ante a ameaza real de perda dun valioso patrimonio cultural é polo que un equipo de traballo do Instituto de Estudos Miñoranos, dirixido polos arqueólogos Xosé Lois Vilar Pedreira e Roberto RodrÃguez Ã?lvarez, leva dous anos e medio traballando na recollida da toponimia costeira desde a desembocadura do rÃo Miño, na parroquia de Salcidos (A Guarda) ate a Punta do Caranquexo, na de Panxón (Nigrán).
A exposición consiste en 70 fotos aéreas cedidas polas ConfrarÃas dâ??A Guarda e Baiona nas que van sobreimpresionados os 1.400 nomes recollidos nestes preto de 60 quilometros de costa. Tamén se expoñerán ortofotos confeccionadas polo SITGA a partir da base de datos fornecida polo IEM, asà como fotos temáticas e históricas e a colección de maquetas de embarcacións de baixura e altura da nosa costa realizadas por Manuel Castro Ratel
A exposición inaugúrase o martes dÃa 19 ás 20:30h cunha conferencia do profesor de FiloloxÃa Galega da Universidade de Vigo, membro da Comisión de Toponimia de Galicia, narrador e poeta Gonzalo Navaza sobre â??A toponimia e o marâ??.
O xoves dÃa 21 tamén ás 20:30h. Francisco DÃaz Guerrero disertará sobre â??Os naufraxios no mar de Baionaâ??. O conferenciante vén de publicar Naufraxios do mar de Vigo (Ed. Xerais) e é membro da World Ship Society.
O martes 26 ás 20:30h o doutor en XeografÃa e especialista en cartografÃa antiga de Galicia, Gonzalo Méndez falará sobre â??Cartas náuticasâ??.
A exposición permanecerá aberta ate o martes dÃa 26 e poderá ser visitada entre 18h e 21h e o sábado (23), domingo (24) e luns (25) tamén entre as 12 e 14h.
O Instituto de Estudos Miñoranos quere salientar que esta exposición non serÃa posible sen a testemuña oral de mariñeiros, argaceiras e percebeiros das costas dos concellos de A Guarda, Santa MarÃa de Oia, Baiona e Nigrán que dedicaron moitas das súas horas a informarnos desta tradición oral da que son portadores e a ofrecernos unha memoria toponÃmica que leva camiño da desaparecer ante o predominio das novas técnicas da localización como o GPS ou o radar.
A realización desta exposición non serÃa posible sen a colaboración da CapitanÃa MarÃtima de Baiona, da ConcellerÃa de Cultura de Baiona, do Servicio de Información Territorial de Galicia (SITGA), da CapitanÃa MarÃtima dâ??A Guarda e das ConfrarÃas de Baiona e A Guarda