Só o concello de Gondomar contará cunha liña directa ao novo complexo hospitalario Álvaro Cunqueiro. Os usuarios do Val Miñor residentes en Baiona e Nigrán estarán obrigados a facer transbordo en Vigo. Así o comunicou este martes a directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, nunha rolda de prensa na que informou das liñas que conectarán a 20 concellos da área metropolitana co hospital.
Os usuarios de Gondomar xa contan cun servizo que está a cumprir a empresa Melytour dende que comezaron as consultas no hospital no pasado xullo . Liña que sae da vila pola estrada que conecta Vincios con Valadares. Mentres que os veciños de Oia, Baiona e Nigrán deberán acceder ao hospital cos servizos de ATSA a Vigo, facendo transbordo coas lanzadeiras de Vitrasa en Praza América
O alcalde de Nigrán indignado
"Indignación total!!!!! A Xunta de Galicia nos deixa sen abastecemento de auga a Parada e agora sen liña de autobús ao novo hospital!!!! Tocará loitar e defender Nigrán sexa como sexa!!!!!", espetaba nas redes o alcalde socialista de Nigrán, Juan Gonzáles tras decatarse do anuncio.
O concello deste xeito volve quedar así afectado negativamente por unha resolución da administración autonómica.
A Xunta gábase da cobertura.
Pola contra, Helena Lucas gabábase que con esta medida o novo hospital de Vigo quedará conectado con 20 concellos da súa área mediante liñas de autobús directas, ofrecendo "a maior cobertura xeográfica das zonas sanitarias galegas".
Nese senso enumerou os servizos para A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Gondomar, O Porriño, Mos, Ponteareas, As Neves, Crecente, Arbo, Redondela, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Covelo, Mondariz, Mondariz Balneario, A Cañiza, Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas.