
Un portavoz de Servired informou de que dos 40 millóns de datos roubados, 55.000 corresponden as tarxetas emitidas por bancos e caixas de aforros adscritas a Euro 6000, 4B e Servired. Asegurou tamén que en nengun momento se detectou tentativa algunha de utilizazón do diñeiro de plástico por parte do pirata (ou piratas) informático que executou o roubo.
En calquer caso, subliñou que se nalgun momento se procedese á utilizazón dos dados roubados, o consumidor nunca asumirÃa o fraude económico. «Ademáis engadiu-, os bancos e caixas xa teñen os números das tarxetas afectadas e ou ben se están a por en contacto cos seus clientes para anular as tarxetas ou están a ollar con catro ollos todas as operacións que se están a realizar con elas». ? Os titulares de Visa e MasterCard que agora se atopan co problema son aquelos que realizaron algunha compra nuns cen mil comércios de Estados Unidos de maneira fÃsica ou a través de Internet. Estes estabelecementos tiñan en comun a entidade intermediaria para procesar sistemas de pago no paÃs. O seu nome é CardSystems Solutions, que sofreu o ataque dun pirata informático aos seus servidores.
Ler nova completa da Voz de Galicia