Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Foro IGADI - Lula, Brasil e o Mundo

Foro IGADI - Lula, Brasil e o Mundo

Correo-e Imprimir PDF
IGADI - Gilberto ScandiucciA Presidencia de Lula en Brasil, obxecto de atención no Foro Iberoamericano do IGADI

 

Co titulo â??Lula, Brasil e o Mundoâ??, a VI edición do Foro Iberoamericano que organiza o Igadi (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacionalâ??) en Baiona, efectuará unha aproximación ás principais claves do período de cambio que atravesa Brasil, tanto na orde económica, como social e política. Igualmente, analizarase o significado da política de Lula no contexto rexional e internacional, en especial o seu empeño por establecer unha estratexia mundial contra a pobreza e unha alianza entre os países do Sur para configurar outro mundo posible, como afirman en Porto Alegre.

 

O repaso do actual estado de cousas en Brasil será efectuado por José Gilberto Scandiucci, diplomático, doutor en Economía pola Universidade Estadual de Campinas, Brasil, profesor do Centro Universitario de Brasilia e do Instituto Río Branco, entidade formativa do Ministerio de Relacións Exteriores de Brasil.

 

O acto desenvolverase na Capitanía Marítima de Baiona o próximo venres día 25 de febreiro a partir das 20,00 horas.

 

O Foro Iberoamericano chega así á súa sexta edición. Nacido en 1999 co propósito de salientar o papel de Baiona no encontro entre as realidades europea e americana e abordar reflexións sobre temas de actualidade e interese para ambos continentes, durante este período foron obxecto de atención as crises de Chile e Pinochet (Roberto Montoya), as expectativas do Mercosur (Martínez Puñal), a situación da emigración galega (responsables das áreas de emigración dos principais partidos galegos), a crise venezolana (Roberto Mansilla e Xosé Ferreiro), ou o período de cambio que se abriu recentemente en todo o cono sur americano (Rubén C. Lois González).

 

Fonte - Xulio Rios (IGADI)