Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Aos dous lados do mostrador

Aos dous lados do mostrador

Correo-e Imprimir PDF

O asesor xurídico de Baiona ten clientes contra o Concello. O PSOE de Baiona critica que a actividade do asesor xurídico contratado polo Concello é incompatíble co seu traballo no seu despacho particular. A portavoz, Isabel Domínguez, critica que o letrado Juan Colón «está agora mesmo a ambos lados do mostrador e ten acceso a información de carácter privilexiado e de moito interese para os clientes do seu despacho».

Este profesional é o advogado de asuntos de releváncia urbanística en Baiona, representando intereses de diversos cidadáns contra o Concello. Os socialistas denuncian que, lonxe de renunciar aos seus clientes, o que fixo foi nomear a outra abogada do seu despacho para levar estes casos.

Para o alcalde, Xesus Vázquez Almuiña, o que fai o PSOE con estas denúncias é entorpecer o traballo posto en marcha desde a nova secretaria técnica de Urbanismo.

www.lavozdegalicia.es