Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor FESTAS DE CARNAVAL NO COLEXIO DE MALLÃ?N, NIGRÃ?N

FESTAS DE CARNAVAL NO COLEXIO DE MALLÃ?N, NIGRÃ?N

Correo-e Imprimir PDF

O Entroido chegou; xa está petando ás nosas portas. Case nos pilla por sorpresa. Pero, malia ó precipitado da súa chegada, aínda nos deu tempo de preparar algunhas actuacións, charangas e disfraces. Baixo a dirección de titores e profesores, o noso alumnado aguzou o seu maxín para confeccionar e adornar estes preciosos traxes de papel, no laboratorio improvisado do seu pupitre de clase. Cartolina, papel maché e reciclado, camisas, pantalóns, chaleques e blusas â??recicladosâ?? serven de base para elaborar as súas máscaras e os seus antefaces, cos que representan os personaxes da vida social que queren criticar, louvar ou rexeitar.

Metidos nos seus disfraces van transformar a realidade que vivimos; sen saber, quizabes, que  a partir deste momento, iniciarase unha  transformación do mundo que nos rodea  e que, tal vez, cambiará a súa vida.

Os Carnavais son o momento excepcional para poñer o mundo patas arriba, inverter o orde, satirizar e ridiculizar as cousas que non os gustan e, incluso, rirnos de nosoutros mesmos;bríndanos a oportunidade de caricaturizar sen faltar ó respecto e vémonos na obriga de aguantar as críticas sen tomar revancha.

 

Identificados co papel de protagonistas esenciais destas festas de Carnaval, están colaborando á recuperación dunhas festas populares de fonda raizame da Galicia profunda. Desta maneira afloran os elementos musicais, a idea do ritmo, da rima e da poesía que plastificarán coa coordinación dos seus movementos.

 

O Carnaval, Antroido, Entroido, Antruejo son unhas festas de fondas raíces na na historia de moitos pobos, cargadas de tradicións e rituais onde a liturxia e as vivencias relixiosas se mesturan con ancestrais ritos pagáns. O seu antecedente máis inmediato podería enmarcarse nas Saturnales romanas, anteriores ó Cristianismo, que se celebraban no corazón do inverno e tiñan como finalidade cantar á vida, ós praceres carnais e a exaltar a vida, incluso no medio do inverno cando a natureza parecía durmir. Colocadas ás portas da Coresma teñen un compoñente de exaltación da vida, de disfrute, de aproveitar o tempo de pracer, de vivir o día a día antes de entrar nun período de grandes privacións carnais, corporais, disciplinais e de xaxúns.

 

Hoxe recórdannos, estas festas, o protagonismo que teñen as comparsas, os desfiles, os concursos de disfraces e a crítica social, etc. na recuperación do noso pasado e na transmisión do noso presente á sociedade que queremos deixar ós nosos fillos.

 

O Colexio de Mallón invita, ó publico da nosa comunidade educativa, a participar cos vosos disfraces, nunha festa aberta, festiva e cordial que festexaremos venres, día 4 de febreiro do 2005, de acordo co seguinte programa:

 

�s 12 da mañá, desfile de comparsas do alumnado do Colexio de Mallón e Escola Infantil de Cotros para terminar cunha xornada de festa e convivencia de profesorado, pais/nais/avós, etc. e alumnado.

 

De 16 a 19 haberá festa de disfraces, actuación do grupo de baile moderno do Centro, degustación de manxares típicos desta zona que aportarán os asistentes para poñer en común con todos os comensais, etc.  A Asociación de Pais/Nais, (ANPA LEMBRANZA), do Colexio agasallará ó público cun piscolabis, golosinas e bebidas â??lightâ?? que farán a ledicia dos festeiros.

 

 

Antonio Díaz Lombardero