Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Xela Arias, a titulo póstumo, e Moisés Rodríguez Barcia,

Xela Arias, a titulo póstumo, e Moisés Rodríguez Barcia,

Correo-e Imprimir PDF

Reunido na vila pontevedresa de Baiona, o xurado desta IV edición do Premio de Traducción que convoca a Fundación Plácido Castro, presidido nesta ocasión por Rosario �lvarez Blanco, decidiu conceder o galardón ex aequo a Xela Arias e Moisés Rodríguez Barcia.

A Xela Arias pola tradución de O Spleen de Paris de Baudelaire e a Moisés Rodríguez Barcia pola tradución de Do asasinato considerado como unha das belas artes de Thomas  de Quincey.

O xurado destacou a calidade literaria de tódalas traducións presentadas e a calidade, moi relevante, das obras premiadas.

� a segunda vez que se falla ex aequo este Premio, dotado con 3.000 euros e único no seu tipo en Galicia. Na primeira edición recaeu en Lois Tobío e Valentín Arias. Xesús Riveiro Costa, e Enma Lázare foron os gañadores das dúas anteriores edicións.

O premio será entregado o próximo 28 de xaneiro en Vilagarcía de Arousa. Igualmente, a Fundación convoca en Vigo a VI Conferencia Anual Plácido Castro que se celebrará o próximo 25 de xaneiro, coincidindo co natalicio do autor, na Casa Galega da Cultura, para abordar o significado de P. Castro no panorama da tradución en Galicia.

Baiona, a 15 de xaneiro de 2005