Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Este sábado fallarase en Baiona a IV edición do Premio de Traducción Plácido

Este sábado fallarase en Baiona a IV edición do Premio de Traducción Plácido

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Baiona acollerá este sábado a reunión do xurado que debe fallar o IV Premio de Traducción "Plácido Castro". 

Dotado con 3.000 euros, as anteriores edicións recaeron en Lois Tobío e Valentín Arias, Xesús Riveiro Costa, e Enma Lázare. O xurado está integrado por: Asociación de Traductores Galegos (Antón Palacio); Fundación Plácido Castro (Xulián Maure); Real Academia Galega (Rosario �lvarez); Universidade de Vigo (Susana Cruces); Xunta de Galicia (Xabier Senín). Secretario: Alberto A. Lugrís.

Fundación Plácido Castro

O Premio de Traducción Plácido Castro é o único desta naturaleza existente en Galicia. A súa convocatoria faise a instancias da Fundación Plácido Castro, unha iniciativa xestionada polo IGADI, con sede en Baiona, que reivindica esta figura como expresión mais cabal da contemporaneidade do universalismo galego. 

O Premio quer servir de estimulo para a incorporación ó galego non soamente das grandes obras da literatura universal, senón tamén do pensamento científico a todos os niveis, de xeito que se poida dispoñer na nosa lingua dos mais avanzados e sobresaíntes textos que forman parte do patrimonio da humanidade. Para facilitar o acceso, a Asociación de Traductores Galegos, leva todas as obras traducidas á súa Biblioteca Virtual, que pode consultarse en www.bivir.com

Ademais dun primeiro premio, o fallo significará dous finalistas. Varias das obras premiadas, inéditas, foron obxecto de atención e xa figuran nos catálogos de varias empresas editoras.

Mais información sobre Plácido Castro e a Fundación en: www.igadi.org