Domingo, 6 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Folga en Correos contra os recortes

Folga en Correos contra os recortes

Correo-e Imprimir PDF
Oficina Correos en Baiona

CC.OO. convoca folga en todo o Estado no operador postal Correos. Será o día 27 de novembro pero, antes, haberá actos reivindicativos en varias localidades. 

No caso de Galicia, CCOO convoca concentracións o día 12 en Ourense, o 13 en Pontevedra e Vigo, o 18 en Lugo e o 20 na Coruña. Con esta convocatoria, CCOO denuncia "a flexibilización, a desregulación e os recortes de Correos, recorte salarial entre o 17 e o 24%, redución na contratación, e taxa de reposición cero".

O sindicato di que 8.000 postos de traballo foron destruídos en tres anos, Isto, xunto á ameaza de novos recortes e coas negociacións do convenio bloqueadas desde hai case un ano, son as principais razóns polas que a central chama á folga.

CCOO denuncia que a Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), coa escusa da crise e da caída da actividade, fixo unha política de axustes sen precedentes na historia da empresa, deixando en precario os cadros de persoal, os centros de reparto, de clasificación e de atención ao cliente, provocando a deterioración do servizo. Na súa opinión, todo isto provoca atrasos e acumulación de milleiros de envíos, polo que están risco a prestación dun servizo público esencial.

A Sociedad Estatal de Correos y Telégrafos (Grupo Correos), coñecida comúnmente como Correos, é unha empresa con capital público e privado. O Estado é propietario a través do SEPI e pola parte privada conforman o grupo Correos, Correos Telecom, Correos Express e Nexea.

A concentración en Vigo terá lugar o xoves, día 13 de novembro, de 9 h a 9:20 h, no pavillón postal de Correos (rúa da Paz)

Do medio colaboradro Galicia Confidencial