Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Galicia está na cola de España en gasto público por desempregado

Galicia está na cola de España en gasto público por desempregado

Correo-e Imprimir PDF

O gasto das Administracións públicas en políticas de emprego (tanto activas como pasivas) ao longo do 2003 en Galicia ascendeu a 1.018 millóns de euros. A pesar de ser unha cantidade de diñeiro considerable, é a penúltima autonomia de España en investimento público por desempregado, segundo un informe elaborado por CC.OO. de Galicia. O gasto na comunidade galega é de 4.621 euros, fronte aos 6.711 da meia estatal. Asi, para equipararse ao resto do Estado, Galicia deberia dispor de 305 millóns de euros mais para políticas de emprego.

As diferenzas co resto das autonomias son espécialmente notórias no que se refere á taxa de cobertura por desemprego, é dicir, a que porcentaxe de parados cobran a emprestación. A comunidade galega é, despois de Asturias, a penúltima de España, con unha taxa do 48,4%. Unha cifra que contrasta co 60,6% da meia do Estado ou coa porcentaxe de desempregados que perciben a prestación en cocenpto de paro en outras autonomias como Valéncia (72,9%) ou Cataluña (82,8%), segundo os datos do Ministério de Traballo.

Ler noticia completa da Voz de Galicia