Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Chegan os Reis Magos

Chegan os Reis Magos

Correo-e Imprimir PDF

O segredo está a ponto de desvelarse. Dende fai algo máis de tres meses, os membros do grupo teatral A Festa Escénica traballaron a un ritmo de vertixe para facer realidade os soños de centos de nenos baioneses. O concello contratou aos seis membros desta compañia que ademais encárgase da Escola Municipal de Teatro e Títeres para construir as carrozas que hoxe empregarán os Reis Magos no sua percorrida pola vila. Onte daban os últimos retoques a estes vistosos veículos nunha nave industrial de Baíña, custodiados con absoluto celo para garantir o impacto e a surpresa entre os asistentes á Cabalgata.

  • A visita "real" a Baiona comezará , ás 17.00 horas
  • En Nigrán, a chegada dos Reis á casa consistorial será ás 18.00 horas.
  • Ã?s 18.30 horas acudirán a Gondomar

Sobre a proposta escenográfica para a visita "real" non transcenderon demasiados dados. A cometiva estará integrada por catro carrozas: os tres dos Magos de Oriente e outra, encarregada pola Asociación de Comerciantes e Empresarios en colaboración con Caixanova, que portará os regalos. As suas Maxestades serán enroupadas por un séquito de meio milleiro de persoas, que repartirán o redor dunha tonelada de caramelos.

Abel Martín, membro Da Festa Escénica, mostraba onte a sua satisfación polo traballo realizado. "traballamos de oito da mañá a doce da noite durante tres meses, pero a ocasión merece que todo sexa impecabel", explicou. O resultado: potentes focos de luz, cores vistosos e elementos decorativos que sen dúvida compracerán aos Reis Magos.

A visita "real" a Baiona comezará , ás 17.00 horas, na rotonda de Baredo e a Ponte Romana. De ambos pontos partirán sendeiros carrozas que percorrerán a paróquia de Baredo, até o coléxio de Fontes, e os bairros de Belesar, Medialdea, Urgal e Sabarís. O percorrido polo centro iniciará-se ás 18.30 horas na praia de Santa Marta.

Desde alá, os Magos de Oriente encamiñarán-se, con diversas agrupacións musicais, cara a avenida Monterreal, Paseo de Elduayen, Carabela Pinta, Glorieta de Colón e Marqués de Quintanar até o pavillón de desportes, onde os Reis receberán aos nenos.

Fieis á cita cos nenos da bisbarra, As suas Maxestades visitarán tamén Nigrán e Gondomar, onde se previron fastosas recepcións.

En Nigrán, a chegada dos Reis á casa consistorial será ás 18.00 horas. Desde alá emprenderán un desfile pola estrada xeral até a rotonda de A Ramallosa e, posteriormente, até o pavillón municipal. Irán acompañados por cincuenta carros antigos.

ás 18.30 horas acudirán a Gondomar. A Cabalgata discurrirá polas ruas Eduardo Igrexas e A. Urzaiz até o concello, onde os Magos receberán a ben-vida da corporación municipal. Posteriormente, os nenos poderán achegarse ás súas Maxestades, que ocuparán tres tronos instalados na praza do Centro de Saúde.

 

www.farodevigo.es