Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor ESCULCA inaugura Web

ESCULCA inaugura Web

Correo-e Imprimir PDF
EsCULcA (Observatório para a defensa dos direitos e liberdades) nasce con o propósito de contribuir a que a sociedade galega non se deixe gañar pola pasividade, que non se conforme con o papel de simples paciente da história a quen os poderes públicos conceden unha liberdade cada vez mais restrinxida. Desexa promover, pois a recuperación do interese polos asuntos públicos e o sentido da responsabilidade colectiva, coñecedora de que a indiferenza e o absentismo son o terreno mais propício para poderen surxir formas novas de totalitarismo e controlo anti-democrático. Considera que unha maneira de frear estas correntes de carácter autoritário â??mascaradas de medidas de seguranza- é a análise concreta da realidade, recollendo e transmitindo información sobre a nova conxuntura que está a agromar, promovendo o debate público sobre as novas medidas autoritárias e actuando contra os abusos que se producen no noso contorno, na urxente necesidade de detención desta nova vaga autoritária. Proclama como obxectivos a intervención e comunicación social para espallar os verdadeiros fins das políticas institucionais e o traballo na defensa dos direitos fundamentais e as liberdades públicas, entendidas estas no sentido mais amplo, mediante a actuación en todos aqueles campos que outros grupos ou organizacións consideran non prioritários ou intranscendentes.

EsCULcA (Observatório para a defensa dos direitos e liberdades), é unha asociación independente dos poderes públicos e, como tal, nen solicitará, nen aceitará nengun tipo de axuda ou subsídio procedente deses poderes, levando a cabo o seu financiamento só en base aos contributos das persoas que adiran ou colaboren na sua formación. Mais en www.esculca.net