
Estes tres encoros teñen o seu precedente no convenio asinado por Franco e Salazar no ano 1968 para promover o aproveitamento hidroeléctrico do tramo internacional do rÃo Miño. O proxecto actual pretende levantar tres encoros xemelgos de trece metros de altura cada un, nun tramo de algo máis de 20 quilómetros. A construcción destas tres presas traerÃa consigo o asolagamento e destrucción dun patrimonio natural e cultural dun valor excepcional, entre eles as pesqueiras.
As pesqueiras ou pescos son un tipo de construcción presente nos grandes rÃos de Galiza (Tambre, Ulla, Miño...). A empresa Unión Fenosa, concesionaria dos encoros construÃdos no noso paÃs desde a dictadura, anegou boa parte dos pescos situados no Tambre coa construcción do encoro Barrié de la Maza. Asà mesmo unha de cada tres pesqueiras do Miño desapareceron para sempre pola construcción dos encoros de Frieira, Castrelo do Miño, Velle, Os Peares e Belesar. O número de pesqueiras en producción no pai dos rÃos galegos non fixo senón diminuÃr progresivamente desde entón, pasando dos 700 exemplares útiles no ano 1963 aos 450 do ano 2004 (243 na marxe galega, dos que só se utilizan a metade).
A Idade Media achéganos os primeiros testemuños escritos que proban a existencia destas construccións de valor etnográfico. Tal e como afirma Vila Botanes (2001) â??as pesqueiras eran un dos sistemas máis antigos e enxeñosos para capturar a lamprea: <Entonçe aforaron Alvaro Vasques canonigo desde esteyro de ryo de muynnos fasta o camynno que vay de Santa Vaya que topa ennas barroqueiras que posa ende fazer huna pesqueyra para lançar rede de cabaaças ou de caneyro por vozes e pague por Sam Martino en cada hunn anno ao cabido dous maravedis de moeda vella>(...)â??.
Na Idade Moderna o Catastro do Marqués de Ensenada (S. XVIII) xa recolle referencias ao número de pesqueiras existentes no Miño ao seu paso pola comarca do Condado, asà como aos beneficios que acadaban os seus titulares. Ademais na vila de Arbo existen documentos do século XVIII denominados tabalas, nos que se fixa o rexistro da propiedade das pesqueiras, os dÃas de pesca, a feitura das redes, cómo armalas e incluso a técnica de construcción dos pescos
.
Levantadas en forma de sólidos bloques granÃticos, as pesqueiras do rÃo Miño levan séculos axudando aos pescadores a pescar lampreas, salmóns e sábalos. O número de capturas non fixo senón descender nas últimas décadas, tal e como xa apuntaba Eliseo Alonso na década de 1980, quen se referÃa ao Miño como un â??viveiro natural camiño do exterminioâ??. A contaminación das augas, a sobrepesca, as areeiras e os encoros son os causantes deste atentado contra a intelixencia e a biodiversidade.
Existen dous tipos de pescos fundamentalmente, as pesqueiras para redes cabaceira e as de redes biturón. As primeiras constitúense por medio dun único bloque ou poio, de forma trapezoidal ou de paralelepÃpedo, que se ergue á beira do rÃo, ben de forma oblicua ou paralela ao leito. Os seus muros levántanse entre 2 e 3 metros sobre o chan para acadar un longo de entre 4 e 5 m, por un largo duns 2 m. aproximadamente. As pesqueiras especializadas nas redes biturón constan dun número indeterminado de poios (entre dous e catro maiormente) que se emprazan respecto ao rÃo de maneira idéntica aos pescos para redes cabaceira. Estes poios dispóñense de maneira graduada desde o punto de vista volumétrico, perdendo altura a medida que penetran no rÃo ata desembocar nun murete en forma de anteparo coñecido como rabo que ten como función desviar a corrente cara os poios para forzar o destino dos peixes no seu ciclo migratorio.
O corpo das pesqueiras levántase en cachoterÃa concertada constituÃda a seco, isto é, sen argamasa. Porén, tal e como afirma un dos seus mellores coñecedores e estudiosos, o arquitecto César Portela (1985), nas últimas décadas tense incorporado a argamasa, as grampas de ferro e incluso o formigón, materiais que non depreciaron o seu valor como â??sÃntese perfecta antre arquitectura e inxenieirÃa, que acabou por se integrar na natureza, da cal soio se diferencia pola súa xeometrÃaâ??, en definición do autor da Casa das Palabras.
As pesqueiras semellan galeóns de pedra ancorados secularmente nas ribeiras, o último testemuño de cando o Miño era navegábel ata Ribadavia. Malia o seu histórico réxime de multipropiedade, o seu goberno corresponde, como en todos os barcos, a un patrón, que administra a explotación dos pescos entre os mariñeiros, nome que reciben os demais donos e usuarios. Hoxe o patrón maioritario é FENOSA, un timonel suicida que pretende afundir o barco facendo valer a súa condición de propietario do 90% dos pescos deste tramo.
No estudio e defensa das pesqueiras destacaron, ademais de Eliseo Alonso e César Portela, nomes propios como os de Antero Leite, XaquÃn Lourenzo, Daniel Pino, Manuel Caamaño, Tarrago Cid ou Molinero Llorente. Pero entre todos eles resplandece o dun pescador, Ignacio Gago, que vive e bebe en Arbo para fortuna da humanidade. Grazas ao seu esforzo e tesón as pesqueiras iniciaron o camiño da protección legal no ano 1979. O seu empeño conseguiu que se incoase o expediente de declaración das pesqueiras de Salvaterra, As Neves, Arbo e Crecente como â??patrimonio histórico-artÃsticoâ??. O expediente nunca se concluÃu, e a protección unicamente acadou os exemplares localizados no concello arbense, que figuran desde entón como â??elementos inventariadosâ??, o nivel de protección máis elemental que considera a Lei do Patrimonio Cultural de Galiza.
Vintecinco anos despois a Plataforma en Defensa do RÃo Miño pretende instar de novo á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galiza, a incoar e concluÃr un expediente de declaración das pesqueiras de todos os concellos afectados como Bens de Interese Cultural (BIC) na categorÃa de Lugar de Interese Etnográfico (art. 8.4 f) da lei 8/1995), a maior protección prevista pola lei para os bens culturais desta entidade. A mesma iniciativa temos intención de presentar ante a goberno portugués. Queremos facer boas aquelas palabras de Manolo Rivas que rezaban, a modo de oración cÃvica:
(...) A xente sensata do mundo leva anos falando da necesidade dun crecemento harmónico e sostÃbel. Hai moitas cousas que facer e cambiar. E hai outras que simplemente cómpre conservar e non tocar. Para un paÃs como Galicia, e por referirse a aÃnda por sorte abondosa arquitectura popular, as vellas e honorables pedras traballadas polos canteiros non son unha mostra de atraso senón toda unha riqueza futurista. (...)
A Plataforma en Defensa do RÃo Miño, constituÃda por diferentes partidos
polÃticos, asociacións veciñais, culturais e ecoloxistas do Condado e do
Baixo Miño, pretende instar á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de
Galiza, dependente da ConsellerÃa de Cultura, a incoar e concluÃr un
expediente de declaración das pesqueiras dos concellos de Arbo, Crecente, As
Neves e Salvaterra como Bens de Interese Cultural (BIC) na categorÃa de
Lugar de Interese Etnográfico (art. 8.4 f) da lei 8/1995, a maior protección
prevista pola Lei para os bens culturais desta entidade. A Plataforma ten
tamén intención de presentar esta iniciativa ante a cámara lexislativa
portuguesa, polo que xa se iniciaron os traballos tendentes a este fin.
Até o de agora, impartÃronse conferencias dirixidas ao profesorado no
Instituto de Ensino Secundario das Neves e no Instituto de Ensino Secundario
Pedra da Auga (Ponteareas). Elaborouse unha presentación en Power Point
sobre o valor cultural das pesqueiras. Elaboráronse dous artigos sobre o
asunto, que se publicarán nos próximos números das revistas: Nao Senlleira
(O Condado); Cerna (Adega) e A Trabe de Ouro.
Todas estas accións foron realizadas pola Plataforma en Defensa do RÃo Miño.
Ademais disto, o BNG presentou unha Proposición Non de Lei no Parlamento de
Galiza solicitando da Xunta a declaración de BIC, asà como mocións no mesmo
sentido en todos os concellos galegos afectados.
Achegamos o artigo que vai ser publicado nas revistas anteriormente
mencionadas.
Se queres amosar a túa adhesión a este proxecto, envÃanos os teus datos
(nome, profesión, DNI) ao seguinte enderezo de correo electrónico:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .
Moitas grazas.