O Centro de Estudios Sociais da Facultade de EconomÃa da Universidade de Coimbra (Portugal) participará nun proxecto de investigación coordinado polo IGADI, que dirixe Xulio RÃos, que servirá de base á Administración galega para promover unha liña de acción de fortalecemento do poder municipal nos paÃses africanos de lingua oficial portuguesa, moi especialmente en Cabo Verde e Mozambique. Esta actuación, na que tamén se implican Cámaras portuguesas que recentemente participaron nun encontro celebrado en Baiona, será presentado nos próximos meses en Bruxelas.
Nun encontro mantido en Coimbra, José Manuel Pureza, director do Centro, asegurou que este será o primeiro paso para o estreitamento de vinculos entre esta Universidade, a mais antiga de Portugal, e o IGADI. Neste curso Xulio RÃos será profesor invitado nesta Universidade onde pronunciará varias leccións sobre as reformas na China.