Sábado, 4 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Cumio Galego Portugués sobre Cooperación Internacional

Cumio Galego Portugués sobre Cooperación Internacional

Correo-e Imprimir PDF
IGADIO vindeiro 1 de outubro, o Hotel Talaso Atlántico, no municipio de Oia, acolle o encontro Portugal e Galicia : Cooperar na cooperación. Nesta  xornada,responsables políticos de municipios de Galicia e Portugal  efectuarán unha aproximación á realidade da cooperación internacional no ámbito local, compartirán experiencias e explorarán oportunidades conxuntas para o futuro. Trátase dun evento no que a cooperación municipal e as súas formas serán abordadas dende unha perspectiva na que os vinculos culturais existentes entre as dúas beiras do Miño poderán abrir.

A elaboración conxunta de proxectos de cooperación que poidan ser financiados con fondos comunitarios ou dos respectivos estados ibéricos para ser ejecutados nos países africanos de expresión portuguesa é un dos cometidos concretos esenciais deste encontro, primeiro que se realiza con estes actores.

Da parte portuguesa está confirmada a participación, entre outros, das Cámaras de Viana do Castelo, Chaves, Palmela, Abrantes, Guimaraes. Outras Cámaras, como Lisboa, Porto, Gondomar, Moura, Loures, etc, expresaron o seu interese polo desenvolvemento e conclusións desta iniciativa. Da parte galega, participarán Concellos das catro provincias.

Este encontro está organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade co patrocinio e a colaboración da Excma. Deputación de Pontevedra. A deputada provincial, Nidia Mª Arévalo, vicepresidenta do Fondo Galego, presidirá a sesión inaugural, que dará comezo ás 11,00 h. Alfredo Novoa, presidente do Fondo Galego, será o encargado de clausurar o encontro.

O Fondo Galego é unha asociación de carácter municipalista que agrupa a Concellos e Deputacións de toda Galicia, unidos pola preocupación común de levar adiante iniciativas de cooperación e solidariedade cos países menos desenvolvidos,e impulsar actividades de divulgación e sensibilización que impliquen ao conxunto da nosa cidadanía.

Fonte: IGADI www.igadi.org