Acto de presentación do libro biográfico Lois TobÃo -O diplomático que quixo e soubo exercer de galego no mundo
Participan: Xosé Luis Franco Grande, escritor e membro da Real Academia Galega. Emilio Xosé Ã?nsua, profesor e escritor. Xulio RÃos, autor da biografÃa de Lois TobÃo. Lorenzo Pousa, presentador do acto.
O dÃa 29 de Setembro ás 20,00 horas en Villa Rosa (Baiona)
Hora de finalización do acto: 21,00 horas.
Xulio RÃos, director do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, www.igadi.org presentará o próximo mércores dÃa 29 de setembro en Baiona a súa biografÃa de Lois TobÃo, â??o diplomático que quixo e soubo exercer de galego no mundoâ??, segundo subtitula no seu volume.
A obra foi editada na colección â??Galegos na Historiaâ??, de Ir Indo edicións e fai o volume 28 desta escolma de persoeiros mais sobresaÃntes da nosa contemporaneidade.
Lois TobÃo (1906-2003) foi membro do Consello Asesor do IGADI e un dos intelectuais máis sólidos que ofreceu Galicia no último século. Dende os seus primeiros esforzos investigadores no Seminario de Estudios Galegos ata a súa labor diplomática no Ministerio de asuntos exteriores da República, mantivo sempre un forte compromiso con Galicia que continuou e afondou durante o seu exilio americano.
Ademais das súas traduccións, de especial interese resulta as súas investigacións sobre o Conde de Gondomar, figura sobre a que publicou numerosos libros.
Participante na elaboración do anteporoxecto de Estatuto de Galicia, ideólogo da formación do Consello de Galiza no exilio, peza clave na organización do I Congreso da Emigración Galega e da publicación da primeira Historia de Galicia, a súa foi unha vida marcada pola identificación coa nosa Terra.
Esa vocación polÃtica coexistiu ademais cunha enorme curiosidade intelectual e, sobre todo, cunha acentuada vocación universalista que o facÃa aberto defensor da diversidade.
No xornalismo, en prensa escrita e en radio, abordada todo tipo de cuestións, exercendo notoriamente como analista internacional, vinculo que o relaciona moi directamente cunha parte substancial do labor do IGADI.
Segundo Xulio RÃos, trátase dunha figura que merece ser mais coñecida e mais valorada, e nese empeño cabe contemplar esta aproximación biográfica.
PRESENTACIÃ?N: 29 de Setembro de 2004, 20,00 h, Villa Rosa (Baiona)
Participan no acto: Xosé Luis Franco Grande, escritor e membro da Real Academia Galega; Emilio Xosé Ã?nsua, profesor e escritor; Bieito Ledo, editor de Ir Indo; Lorenzo Pousa, quen fará de moderador do acto, e Xulio RÃos, autor da obra.
Máis información: 986 357 238; 610 445 024.