Sábado, 4 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Vigo acolle o encontro mundial sobre investigación mariña

Vigo acolle o encontro mundial sobre investigación mariña

Correo-e Imprimir PDF
ICES LogoRealizar unha diagnose do estado da investigación do medio mariño en todo o mundo é un dos obxectivos do nonaxésimo segundo Encontro Estatutario do Consello Internacional para a Exploración do Mar, ICES, que se celebra desde este domingo ata o día 29 de setembro en Vigo. Máis de 800 científicos de todo o mundo partciparán nas sesións para identificar as liñas de investigación mariña prioritarias para os vindeiros anos. Amais, entre o 22 e o 25 de setembro terá tamén lugar a Conferencia Científica Anual do ICES. Os encontros están organizados polo Centro Oceanográfico de Vigo.
As sesións temáticas permitirán coñecer o estado actual das investigacións dos ecosistemas mariños e a repercusión do impacto humano, a pesca e os avances en tecnoloxía acústica.

O director do Centro Oceanográfico de Vigo, Alberto González Garcés, sinaloulle a Europa Press que "este foro definirá as principais liñas de investigación que abordarán os científicos mariños que traballan no ámbito do ICES". Por outra parte, aprobarase o asesoramento que a organización prestará ais países membros e ás organizacións internacionais en materia de ordenación pesqueira e medioambiental.

O ICES, integrado por 8 Comités Científicos nos que traballan un total de 1.600 investigadores, estuda 135 stocks de interese pesqueiro, entre eles, os de maior importancia comercial.