Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor A Capitanía Marítima anuncia restricións á navegación por mor da exhibición aérea deste domingo.

A Capitanía Marítima anuncia restricións á navegación por mor da exhibición aérea deste domingo.

Correo-e Imprimir PDF
2006-06-03-Patrulla-aguila-450x600

O vindeiro domingo dia 24 de xullo na Ria de Vigo, nas inmediacións da praia de Samil celebrarase unha exhibición nas que participaran diversas patrullas acrobáticas aéreas de diferentes países europeos. Por mor da mesma a Capitanía Marítima de Vigo estableceu un área marítima de seguridade que se atope excluída á navegación. Trátase da área delimitada entre as inmediacións da costa e ou aboias de balizamento das zonas de baño das praias Samil e O Bao, a liña imaxinaria que une o baixo Tofiño e a aboia verde do baixo Bondaña (ao noroeste da illa Toralla).

O edicto prohibe a navegación e permanencia de persoas, artefactos e embarcacións na devandita área, o vindeiro domingo dende 9:00 ata as 15 horas. A prohibición non inclúe as diversas embarcacións da Garda Civil, Salvamento e outros organismos da Administración necesarias para garantir o normal desenvolvemento da actividade.