Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Iniciativa parlamentaria do BNG pola seguridade dos peóns na rotonda de Vilariño.

Iniciativa parlamentaria do BNG pola seguridade dos peóns na rotonda de Vilariño.

Correo-e Imprimir PDF
A rotonda de Vilariño presenta deficiencias na seguridade peonil, denunciou o BNG.

A rotonda de Vilariño que conecta a autoestrada do Val Miñor e a PO-34 (carreteira Ramallosa - Gondomar)presenta unha serie de carencias moi importantes en materia de seguridade para os peóns. Por exemplo, Dita intersección carece de paso de peóns e beirarrúas, o que obriga aos camiñantes a cruzala arriscando a súa integridade. Ante esta situación de perigosidade, o BNG instou ao goberno galego "a que tome as medidas necesarias inmediatamente". Así, O Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, por iniciativa do deputado Enrique Viéitez e das deputadas Carme Adán e Teresa Táboas, presentaron unha proposición non de lei en e unha serie de preguntas para a súa resposta por escrito e oral en Comisión.

O BNG afirma que "descoñece se o proxecto foi mal executado ou se, pola contra, nunca tivo en conta aos peóns." A proposición do BNG insta á Xunta a realizar nun prazo máximo de 6 meses o estudo e proxecto construtivo que facilite o cruce de peóns, e ademais, pide que se estableza unha regulamentación de velocidade que garanta a seguridade de condutores e viandantes. As preguntas parlamentarias irán polo mesmo camiño, informaron," saber se a Xunta coñece esa situación e, de ser o caso, que medidas pensa tomar."

Pola súa banda, as agrupacións do bloque de Nigrán e Gondomar estudan a realizacións dun díptico de sensibilizacións para a súa distribución entre os veciños da bisbarra.