Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Regresan a casa os tres mariñeiros miñoráns do Playa de Bakio.

Regresan a casa os tres mariñeiros miñoráns do Playa de Bakio.

Correo-e Imprimir PDF
Os oito mariñeiros galegos do atuneiro Praia de Bakio xa están en Galicia. Un avión procedente de Madrid aterrou no aeródromo do sur da comunidade ao redor das once e vinte desta mañá.

Os seus familiares e achegados recibíronlles nunha salga vip do aeroporto de Peinador. á súa chegada, no aeródromo vigués tamén se atopaban o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, o delegado do Goberno en Galicia, Manuel Ameijeiras, e a conselleira de Pesca, Carmen Gallego.

Os mariñeiros, que se atopan «moi cansos e esgotados», deron as grazas polo apoio recibido tanto aos medios como ás autoridades e pediron que se respecte a súa intimidade tras os duros momentos que pasaron durante o seu cativerio a mans de piratas somalíes.

Continúa na Voz de Galicia