Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Os bebés do Val Miñor xa suman

Os bebés do Val Miñor xa suman

Correo-e Imprimir PDF
Os nenos que debían dar os seus primeiros pasos nas garderías públicas do Val Miñor xa están aprendendo a sumar. Os proxectos dilatáronse entre anuncios electorais e debates políticos mentres os seus pais, avós e demais familia eran os que facían números, ben para conciliar horarios ou para afrontar os honorarios das escolas privadas ou concertadas da comarca

A situación parece que finalmente se está normalizando. Xa hai prazo para que 230 nenos poidan estrear mandilón. As tres galescolas miñoranas abrirán as súas portas no último semestre do ano, previsiblemente en outubro.

A polémica continúa aínda aberta en Gondomar, onde os populares censura o «atraso na apertura, prevista para o primeiro trimestre». O goberno local devólvelle a crítica, «porque xa tiña que estar inaugurada fai dous anos e porque, en todo caso, a demora debeuse a que a oposición dilatou a aprobación do convenio para a xestión compartida coa Xunta do servizo».

Continúa na Voz de Galicia